jueves, 3 de julio de 2008

Botellas e pandeiretas

Eu xa sabía que o tema pandeireta lévase moi ben ca troula nocturna... pero os seguintes vídeos realmente reafirman a tríada festa-alcol-pandeireta.






Por certo, en breve haberá nova sección en Pandeireta Total de videos.

viernes, 30 de mayo de 2008

Autoaprendizaxe detido por lesión

Debido a un dramático accidente ocorrido o pasado martes, teño que deter a miña auto-formación pandeiretil... Esta lesión chega nun mal momento xa que agora xa era capaz de agarrar a pandeireta cunha man sen que me caese!!!

Os detalles dos feitos, polo ridículo do tema, merecen non ser comentado en "Interñé", pero déixovos unha imaxe terrible da mancadela:


CONSELLO DO DÍA: Non intentedes parar a porta do maleteiro do coche en pleno descenso co dedo moumiño... Auuuuuuuuusss!!!

PD: Non sabiades cómo se chamaba o dedo pequeno en galego?? Eh?? Eu tampouco... jeje aprendino ghrasias a este xogo popular extraído de xogospopulares.com:
Comeza-se agarrando o dedo máis pequeno e vai-se turrando levemente de cada un até chegar ao máis groso, onde se lle fai a graza ao/á neno/a fazendo-lle cóxegas na barriga ou fazendo que lle escachamos un piollo na testa.

Este é o moumiño (ou maimiño)
Este o seu sobriño
Este o maior de todos
, (ou pai de todos)
Este o furabolos
E este o escacha-piollos
.

jueves, 22 de mayo de 2008

"Ei, Don Pandeireta Man" non soará na Coruña

¿Cómo vai ser a pandeireta un instrumento de categoría tendo esta clase política na nosa terra? Ao parecer Bob Dylan non é quen pra tocar na Coruña segundo Henrique Tello e os seus expertos musicais. Unha pena xa que é un dos grandes promocionadores da pandeireta... Ei pandeireta Man!!!:
Mr. Tambourine Man,
play a song for me,
I'm not sleepy
and there is no place I'm going to...

Ghaliçian Traslation:

Ei, Don Home da Pandeireta,
dalle aí a unha peza pra mín,
Non estou durmindo
e non che hai sitio pra ires...


Aquí vos copio un post extraído do blog emitindo na que se explica millor esta noticia:

Sen palabras...sen comentarios...levo anos pensado que a oferta musical ofertada polo concello ten moi pouca calidade...i estas verbas saídas das bocas dos nosos políticos non fan máis que decepcionarme aínda máis...O QUE HAI QUE OIR.
Aquí vos deixo as palabras dos dous expertos musicais, os encargados de elexiren os concertos que todos pagamos...
Extraído da edición dixital de La Voz de Galicia

Dylan no actuará en A Coruña porque «toca de espaldas»

Henrique Tello afirmó ayer que un concierto de este artista es «horroroso»
El Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (IMCE) rechazó la contratación de Bob Dylan para este año porque en este momento no tiene tirón suficiente y no ofrece espectáculo, según manifestó ayer el concejal de Fiestas de A Coruña, Carlos González-Garcés. El edil nacionalista Henrique Tello también apoyó esta decisión asegurando que «vén tocar e faino de espaldas. Chega, non saúda e non toca ningunha canción coñecida». A lo que Garcés contestó: «Claro, por iso o IMCE decidiu non traelo». En referencia al concierto que dará el artista norteamericano en Vigo, Carlos González-Garcés aseguró: «Supoño que nesta cidade do sur de Galicia terá repercusión».

Que decepción...
Os directores de orquestra tamén interpretan de costas o público... na ópera incluso están nun foso e case non se ven... Seguindo os criterios do Señor Tello... Paren a temporada de música clásica da Coruña e o Festival Mozart!!!!

miércoles, 21 de mayo de 2008

A Pandeireta na era dixital

Eu sempre dixen que con Internet un pode aprender calquera cousa; existe información dispoñible de case calquera tema por moi minoritario, extrano e revirado que pareza (exemplo).

Pero, ¿onde están os tutoriais, manuais, leccións, etc. sobre pandeireta galega? ¿Onde están os cursiños on-line? Non hai videos explicativos, nin partituras, nin guías, nin referencias, nin esquemas explicativos, nin nada!!!!

A pandeireta galega non entrou aínda na era dixital... Non hai pandeireta midi!!! jejeje Por certo, ¿qué foi de Hevia e a súa gaita midi?)

[O titiritiriti tiiiiiii de Hevia en youtube]

Eu iría máis aló... Eu diríalle os da Wii ou da xBox que se deixaran de tanto Guitar Hero, Wii Fitness... e fixeran un Pandeireta Hero!!!!

Este vacío anímame aínda máis a seguir adiante co blog "Pandeireta Total". Hai que levar a Pandeireta Galega ao século XXI.


lunes, 5 de mayo de 2008

Resultados de Encuesta Chiki Chiki e Pandeireta

O pobo xa se manifestou acerca da pregunta plantexada neste blog:
¿Debería o Chiki-Chiki ser interpretada con pandeireta?
21 persoas opinaron nesta enquisa e os resultados foron os seguintes:

4 votos (19%) Sí, daríalle moito caché unhas pandereiteiras
3 votos (14%) Sí, hai que promocionar o instrumento
2 votos (9%) Non, a canción é perfecta como está
e arransa...
12 votos (57%) Non, eurovisión é pouca cousa para a pandeireta

Moitas grazas a todos pola vosa opinión. Xa lle remitín estos datos a TVE para que considere a posibilidade de dedicar recursos a outro tipo de música con máis caché.

Para esos 7 votantes (31% do total) que contestaron sí, deixo unha imaxe para a ilusión... Imaxinade que despedisen ás mozas que bailan con Rodolfo Chikilicuatre e que metan a unhas boas pandereteiras... Leilia, por exemplo? non estaría mal, non? No no vedes claro? É unha visión lonxana?? Pois aí vai unha imaxe para visualizar esa posible mestizaxe máxica:


jejejejeje... Qué fusión!!! Qué pena non ter audio dese momentassso!!!

En breve unha nova enquisa!!

miércoles, 2 de abril de 2008

Son neghado de todo

Bueno... Un soño cumprido... Teño dúas pandeiretas. Agora a tocar!!!

Vale... empezo...

Primeiro un aturuxo...
AAAAAAAAAAIAIIAIAIIAAAAAH CARBALLEIRAAAAAAA!!!!

Ok... Agora sí... Preparado...

Vou...

Como se colle? Ca man dereita? Creo que sí...

Se lle da ca man cerrada ou aberta? A ver...
PLofSHH!!! plofffSHH!!!

Pero cos dedos tamén... no?
PlofSHHH!!! PlofSHHH!!! PlofSHHH!!!

Así non sona ben... Probarei movendo a man esqueda nada máis...
ChoffSHHH!!! Choffsshhh ChoffSHHH!!!!!!!!

Pois debe ser movendo a man que agarra a pandeireta...
PlofSHHH!!! PlofSHHH!!! PlofSHHH!!! Choffsshhh ChoffSHHH!!!!!!!!

Mellor, pero non... Movendo todo a vez...
hsadjfPLimSHHH!!! dfgsPLimSHHH!!! trfdgPLimSHHH!!! dsfgChoffsshhh dfgfdChoffSHHH!!!!!!!!

Ups... pois isto de tocar a pandeireta ten o seu aquel. O que saco en limpo desta primeira aproximación é que barullo meto. Os "miniplatillos" fan un ruido tremendo.

Ben... Teño presión sonora... supoño que iso será bo para cando toque nas romerías (aiss, xa me estou vendo alí diante da xente dándolle a pandeireta ca xente bailando!!! jejeje)... agora me falta darlle xeito. Pero é moi dificil!!

miércoles, 26 de marzo de 2008

Presentación en sociedade do blog

O marzal mércores 19 do ano 2008 d.C, foi a estrea pública e mundial de Pandeireta Total, o blog. Uns poucos selectos e privilexiados amigos foron os primeiros en coñecer este recuncho de Internet adicado a pandeireta e as miñas aventuras con éla.

Houbo unhas fotos alegóricas ao tema pandereteiro moi boas, pero fixen una escolma e quedaron estas dúas:

Nesta fotografía todos asistentes á Pandeireta Total Party. No centro, "Pandereteiro frustrado" tocando unha improvisada pandeireta metálica.

"Pandereteiro frustrado" xunto cun amigo descansando de tanta troula en pose fachendosa. A improvisada pandeireta metálica reposando sobre a barra... ¡nin que fose un cinseiro para as cabichas dos cigarros! Ups!

Nota para o lector despistado: ¿Notades algo raro no nome do pub? jejejejeje

sábado, 22 de marzo de 2008

De cero a dous nun día

Son, ou mellor dito, era, un mendigo pandeiretil. Levo uns anos que o de pedir unha pandeireta é obsesión. Ai que dicir que teño así arrebatos. Recordo que cando saliu o Tamaghochi (que me colliu xa fora de xeración) ocurriuseme de broma que quería un... fun pesado co tema do Tamaghochi e o final uns amigos acabaron mercandome un cando estiven maliño de ghastroenteritis. Aínda o teño, pero dende que morriu quedou sepultado nun caixón da casa da miña nai. jejeje

Este ano cando me preguntaron qué quería de agasallo no Nadal e Reises dixen "UNHA PANDEIRETA!!!!". Pero a miña nai sempre regala cousas "útiles". Según ela "útil" é roupa, pixama, zapatillas e/ou similar. O resto de regaliños foron discos, libros, etc. Estiven a piques de auto-agasallarme unha... pero non.

Sen embargo, fai uns días foi o meu cumpreanos. Por fin os meus lamentos pandereteiros ante todo ser humano surtiron efecto... e me trouxeron... unha pandeireta!!!!! Unha pandeireta preciosa é moi boa. Mercáronma en Santiago de Compostela con funda para gardala e todo. Qué ilusión!!! Parecía un neno con... PANDEIRETA NOVA!!! Ese día houbo gran celebración... aínda que non cheguei a ver as grúas de Montealto no mencer... jejeje

O día seguinte, aínda con resaca do festexo da pandeireta nova, a miña nai regaloume un jersey (moi moi útil) e... sí... outra pandeireta!!! jejeje Qué glorioso cumpreanos!!! De cero pandeiretas a dous nun día!!! Isto é como ghañar a Liga e a Champions na misma tempada, pero trasladado ao mundo da pandeireta. Qué derroche!!! Canta fartura!!! Qué poderío!!!

lunes, 17 de marzo de 2008

Preámbulo

A Real Academia Galega no seu dicionario dixital ofrece tres entradas para o termo "preámbulo". Como é a primeira vez que escribo un preámbulo, e como son un pouco revirado para algunhas cousas como xa comprobaredes se ledes as novas deste blog no futuro , vou ir seguindo cada unha das definicións para comezar con bo pé:
Preámbulo: 1. Parte que precede a un texto ou a un discurso, onde se explican os motivos, os fins, etc., deste. Tras un breve preámbulo, entrou en materia. [...]
Son galego. Sempre vivín en Galiza. Gústame a música en xeral e a música en galega en particular. Teño a espiniña cravada de non tocar ningún instrumento da Nosa Terra. Sempre ando dicindo que quero aprender a tocar a gaita, a pandeireta, baile tradicional, etc.... pero nada. Non acabo de atopalo momento.

O programa "Luar" da T
VG non é que me cause moito pracer (a parte os venres pola noite non me cadra moi ben de quedar na casa para velo). O caso é que me da envexa ver toda a xente que toca a pandeireta alí... ¡¡Eu tamén quero!!

Por iso, este ano fixen campaña intensiva a amigos e familiares para que me regalasen unha pandeireta, pandeiro, gaita, cunchas de vieiras (se é con comida previa mellor... para collerlle cariño ao instrumento... :P)

Total... como esta arela
de tocar a pandeireta, segundo parece, é unha cousa moi extendida, pois decidín crear este blog no que documentar o meu proceso de aprendizaxe; igual a alguén lle serve para animarse... A miña intención é por "todo todo todo" o relativo a este tema da pandeireta, polo que pode ser unha cousa divertida... jeje... Xa teño en mente un par de posts simpáticos... Ademáis espero poñer material audiovisual cos progresos ou non-progresos ou incluso cas involucións. A ver si pouco a pouco xunto cousiñas que sexan útiles para mais xente.
Preámbulo: 2. fig. Aquilo que se di, sen vir a conto, para evitar dici-lo que hai que dicir. Déixate de preámbulos e vai ó que nos interesa.

Resulta que o outro día, ía pola rúa e disque... patatín patatán... tralarí tralará... Creo que esta segunda definición de preámbulo, aínda que creo que se me da bastante ben, vou a saltala.
Preámbulo: 3. fig. Aquilo que precede, que anuncia unha cousa. Aquel acontecemento foi o preámbulo dunha grave crise.
A frase de exemplo da definición 3 de preámbulo é moi acertada para o caso... jejeje... Aprender a tocar a pandeireta vai ser un proceso mooooooooooooi longo, e como son bastante neghadiño cos ritmos, vai ser doloroso auditivamente. De tódolos xeitos, espero que o tema non sexa para crear unha grave crise... aínda que os veciños poida que teñan unha grave crise con ganas de retorcerme o pescozo!!!!

En fin, "Pandeireta Total" empeza a súa andaina!!!!!

PD:
O nome do blog mola eh!!!

Foto: Do blog dalledalle