Preámbulo: 1. Parte que precede a un texto ou a un discurso, onde se explican os motivos, os fins, etc., deste. Tras un breve preámbulo, entrou en materia. [...]Son galego. Sempre vivín en Galiza. Gústame a música en xeral e a música en galega en particular. Teño a espiniña cravada de non tocar ningún instrumento da Nosa Terra. Sempre ando dicindo que quero aprender a tocar a gaita, a pandeireta, baile tradicional, etc.... pero nada. Non acabo de atopalo momento.
O programa "Luar" da TVG non é que me cause moito pracer (a parte os venres pola noite non me cadra moi ben de quedar na casa para velo). O caso é que me da envexa ver toda a xente que toca a pandeireta alí... ¡¡Eu tamén quero!!
Por iso, este ano fixen campaña intensiva a amigos e familiares para que me regalasen unha pandeireta, pandeiro, gaita, cunchas de vieiras (se é con comida previa mellor... para collerlle cariño ao instrumento... :P)
Total... como esta arela de tocar a pandeireta, segundo parece, é unha cousa moi extendida, pois decidín crear este blog no que documentar o meu proceso de aprendizaxe; igual a alguén lle serve para animarse... A miña intención é por "todo todo todo" o relativo a este tema da pandeireta, polo que pode ser unha cousa divertida... jeje... Xa teño en mente un par de posts simpáticos... Ademáis espero poñer material audiovisual cos progresos ou non-progresos ou incluso cas involucións. A ver si pouco a pouco xunto cousiñas que sexan útiles para mais xente.
Preámbulo: 2. fig. Aquilo que se di, sen vir a conto, para evitar dici-lo que hai que dicir. Déixate de preámbulos e vai ó que nos interesa.
Resulta que o outro día, ía pola rúa e disque... patatín patatán... tralarí tralará... Creo que esta segunda definición de preámbulo, aínda que creo que se me da bastante ben, vou a saltala.
Preámbulo: 3. fig. Aquilo que precede, que anuncia unha cousa. Aquel acontecemento foi o preámbulo dunha grave crise.A frase de exemplo da definición 3 de preámbulo é moi acertada para o caso... jejeje... Aprender a tocar a pandeireta vai ser un proceso mooooooooooooi longo, e como son bastante neghadiño cos ritmos, vai ser doloroso auditivamente. De tódolos xeitos, espero que o tema non sexa para crear unha grave crise... aínda que os veciños poida que teñan unha grave crise con ganas de retorcerme o pescozo!!!!
En fin, "Pandeireta Total" empeza a súa andaina!!!!!
PD: O nome do blog mola eh!!!
Foto: Do blog dalledalle
1 comentario:
¡Que emoción! Asistimos ó nacemento de algo grande, estou seguro! Felicitote polo nome escollido;Pandeireta"nomemoi descriptivo da temática tanto na forma como no fondo xa que a sonoridade da palabra acompaña armónicamente coa sua simboloxía. E despois Total, un adxetivo ambicioso.E perfecto.Noraboa!
Publicar un comentario