sábado, 22 de marzo de 2008

De cero a dous nun día

Son, ou mellor dito, era, un mendigo pandeiretil. Levo uns anos que o de pedir unha pandeireta é obsesión. Ai que dicir que teño así arrebatos. Recordo que cando saliu o Tamaghochi (que me colliu xa fora de xeración) ocurriuseme de broma que quería un... fun pesado co tema do Tamaghochi e o final uns amigos acabaron mercandome un cando estiven maliño de ghastroenteritis. Aínda o teño, pero dende que morriu quedou sepultado nun caixón da casa da miña nai. jejeje

Este ano cando me preguntaron qué quería de agasallo no Nadal e Reises dixen "UNHA PANDEIRETA!!!!". Pero a miña nai sempre regala cousas "útiles". Según ela "útil" é roupa, pixama, zapatillas e/ou similar. O resto de regaliños foron discos, libros, etc. Estiven a piques de auto-agasallarme unha... pero non.

Sen embargo, fai uns días foi o meu cumpreanos. Por fin os meus lamentos pandereteiros ante todo ser humano surtiron efecto... e me trouxeron... unha pandeireta!!!!! Unha pandeireta preciosa é moi boa. Mercáronma en Santiago de Compostela con funda para gardala e todo. Qué ilusión!!! Parecía un neno con... PANDEIRETA NOVA!!! Ese día houbo gran celebración... aínda que non cheguei a ver as grúas de Montealto no mencer... jejeje

O día seguinte, aínda con resaca do festexo da pandeireta nova, a miña nai regaloume un jersey (moi moi útil) e... sí... outra pandeireta!!! jejeje Qué glorioso cumpreanos!!! De cero pandeiretas a dous nun día!!! Isto é como ghañar a Liga e a Champions na misma tempada, pero trasladado ao mundo da pandeireta. Qué derroche!!! Canta fartura!!! Qué poderío!!!

3 comentarios:

a menina que fala português dijo...

Achegueime desconfiada a descubrir se era certo. Nos poucos recordos que albergo daquela noite, un enunciado repítese con contundencia: PANDEIRETATOTAL!!! PANDEIRETA TOTAL!!!
A miña memoria perturbada sitúame nun escenario de serie B no que un ollo desquiciado me persigue polas rúas mentras berra: PANDEIRETA TOTAL!!! PANDEIRETA TOTAL!!!
Por iso veño temerosa de reproducir o pesadelo. Dedas aterradas teclean as palabras malditas con angustiosa inquietude. Sospeito que un repiqueteo estridente se me ofrecerá coa benvida.

.....MOMENTO DE SUSPENSE...

PANDEIRETA TOTAL!!!!

Estaba errada. Un inocente fondo negro recolle en verbas douradas unha anécdota que lembro. E que me reconcilia coas que deixei esquecidas. Curioso acontecemtento.
Total, por unha pandeireta.

ddgrandio dijo...

Menuda aceleración machiño...cando chegues a tres conta comigo.

ddgrandio dijo...

o video que che dixen...
http://youtube.com/watch?v=PsXqDG6Nyqc